Fouce

20/03/2012

As demandas das labregas e as loitas do sector lácteo, temas de portada no Fouce 291

Nos primeiros meses de 2012, houbo movementos no sector lácteo a todos os niveis. Neste senso, o labor do SLG concretouse en dúas concentracións en protesta contra a obrigatoriedade dos contratos sen prezo, contra a nova baixada do valor do leite e contra os impagos das empresas; coa participación no Grupo Consultivo do Leite da UE, e con xuntanzas co ministro Arias Cañete e coa conselleira Rosa Quintana.

Tamén foi de destacar a ampla mobilización propiciada por unha fronte de colectivos para facer do Día Internacional das Mulleres unha xornada de loita contra a violencia de xénero imposta polos recortes sociais e laborais. Dende a Secretaría das Mulleres organizáronse actos en vilas como Lugo, Vilalba ou Betanzos, e participouse activamente na grande manifestación do 11 de marzo.

Outros temas destacados deste Fouce 291 tiveron que ver coa campaña contra o cobro do canon da auga no rural, as explotacións gandeiras diante da ameaza do proxecto de incineradora no Irixo, a denuncia da forestación ilegal de terras agrarias diante do Valedor do Pobo ou a loita para que a Rede Natura non paralice as actividades agrogandeiras. No editorial, unha reflexión sobre os tres anos perdidos para o agro galego durante o mandato de Feijóo.  

Portada Fouce 291 

As demandas das labregas e as loitas do sector lácteo, temas de portada no Fouce 291