Cabeceira Fouce 304

21/11/2014

Alianzas por un mundo rural vivo na portada do Fouce 304

O Fouce 304 correspondente aos meses de setembro e outubro está a piques de chegar ás casas. Desta vez, destacamos en portada tres eventos que tiveron como escenario de celebración a nosa Galiza e serviron para reforzar as nosas alianzas: o Seminario de Agroecoloxía feito con compañeiros e compañeiras de toda Europa para analizar novos xeitos de achegar os alimentos á cidadanía, o IX Foro por un Mundo Rural Vivo e o II Encontro sobre os Impactos da Minaría na Galiza. 

Tamén en destaque as mobilizacións das Marchas da Dignidade, que fan unha convocatoria para ocupar a praza do Obradoiro o vindeiro 29 de novembro para esixir pan, traballo e teito. Coma sempre, analizamos a actualidade dos nosos principais sectores produtivos e incluímos interesantes colaboracións como a primeira parte dun artigo sobre Moncho Valcarce escrito por Carlos Calvo Varela, ou a reportaxe “Gandeiras malia a lei”, da xornalista Mª Ángeles Fernández. Pecha este Fouce unha entrevista a Tom Kucharz, de Ecoloxistas en Acción, unha das principais referencias no Estado na loita contra o TTIP. Se queredes descargar o Fouce 304 en pdf, só tedes que picar AQUÍ ou descargalo na icona que atoparedes no remate desta páxina.

Fouce 304

As alianzas por un mundo rural vivo na portada do Fouce 304