Fouce 311

27/04/2016

A crónica do IX Congreso do SLG abre o Fouce 311

Coa tinta aínda quente, comeza a chegar o Fouce 311 ás parroquias. Poderedes atopar nas páxinas deste número unha extensa crónica do que deu de si o IX Congreso do SLG; amplas reportaxes sobre o sector lácteo e sobre o primeiro sistema participativo de garantía na Galiza, A Gavela); e entrevistas a Paula Gioia, activista da Vía Campesina, e Belén Mellado Franco, co-fundadora da destilaría Alicornio. Iso e moito máis no voceiro do Sindicato Labrego Galego. Podes descargalo en pdf premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

Fouce 311

A crónica do IX Congreso do Sindicato Labrego Galego abre o Fouce 311