Fouce 321

12/09/2018

A constitución dunha Coordinadora das Persoas Xubiladas no Sindicato Labrego na portada do Fouce 321

Dende finais de agosto, xa estivemos a distribuír o Fouce 321, desta vez algo lixeiro de páxinas por mor do descanso estival do persoal de redacción. Así e todo, atoparedes contidos interesantes como un amplo resume da posta en marcha da coordinadora que levará as cuestións relacionadas coas persoas xubiladas até o vindeiro congreso do SLG, os anuncios de importantes eventos como o III Foro Labrego de Agroecoloxía ou o II Festival Son Labreg@ ou a actualidade dos principais sectores agrogandeiros da nosa terra. Podes botarlle descargando o exemplar en pdf na icona que atoparás no remate desta páxina.

Portada Fouce 321

A constitución dunha Coordinadora das Persoas Xubiladas no SLG na portada do Fouce 321