19/09/2017
A Conferencia Internacional da Vía Campesina en Derio e o Foro LGTBI "O rural galego entende", a fondo no Fouce 316
O Fouce 316 xa vai camiño das parroquias, e con el cumprida información no panorama agrario e rural da Galiza e parte do estranxeiro. Aos contidos que xa vos adiantamos estes días pasados en redes sociais -coma o Foro LGTBI, a Lei de Titularidade Compartida, a xestión de pragas ou a entrevista a Ángeles Santos-, habería que engadir outros temas como a situación en sectores coma o lácteo e o cárnico, a nova lei que grava as sementes reutilizadas, o CETA ou a Conferencia Internacional da Vía Campesina. Se queres saber máis do que publicamos no noso voceiro, non tes máis que descargalo premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

A VII Conferencia Internacional da Vía Campesina en Derio e o Foro LGTBI, a fondo no Fouce 316
